Windows App Essentials
- Autores: Joseph Lee, Derek Riemer e outros
Este complemento é unha coleción de app modules para varias aplicacións de Windows, así como melloras e correccións para certos controis de windows 11.
Notas:
- Este complemento require do Windows 11 25H2 (compilación 26200) ou versións posteriores.
- O soporte das actualizacións de características está vencellado á duración do soporte ó consumidor (edicións Home, Pro, Pro Education, Pro for Workstations) e o complemento podería rematar o soporte para unha actualización de características antes do final do soporte ó consumidor. Consulta https://aka.ms/WindowsTargetVersioninfo para máis información e datas de soporte.
- Aínda que a instalación é posible, este complemento non soporta Windows Enterprise LTSC (Long-Term Servicing Channel) nin versións de Server.
- Non se soportarán todas as características de versións Windows Insider Preview, máis aínda para as características introducidas nun subconxunto de Insiders Windows na canle de desenvolvemento (dev).
Para unha lista de trocos feitos entre cada versión do complemento, visita o documento rexistros de trocos para publicacións de complementos.