NVDAUpdate Channel Selector
- Autor: Jose Manuel Delicado
- NVDA compatibility: 2023.3.4 and beyond
- Descargar versión estable
Este complemento permíteche descargar e instalar a última versión de NVDA do
tipo escollido sen visitar ningunha páxina web nin usar o teu navegador
web. É útil cando, por exemplo, precisas probar novas características nunha
versión de desenvolvemento de NVDA e logo volver á publicación estable máis
recente. Se probas regularmente versións de desenvolvemento de NVDA e
adoitas instalalas no teu ordenador, aforrarás unha chea de tempo con este
complemento. Se prefires probar as versións de desenvolvemento en modo
portable mantendo a túa copia instalada de NVDA sen cambios, este
complemento tamén é para ti.
Uso
Podes cambiar a canle de actualización de NVDA indo ó menú de NVDA,
Preferencias, Opcións, categoría Update channel. Unha vez escollas a canle
desexada e premas Aceptar, agarda á próxima verificación automática de
actualizacións ou vai ó menú e escolle a opción "Procurar
actualización...". Polo de agora, estas son as canles dispoñibles:
- Default (predeterminada): ésta é a canle por defecto utilizada pola túa
versión de NVDA. Elixir esta opción é o mesmo que desactivar o
complemento.
- Stable (estable): forzar o canle de actualización a estable. Útil cando
queiras volver a unha versión estable dende unha versión de
desenvolvemento.
- Rc e beta: ésta é a canle das versións beta. Recibirás a primeira versión
beta unha vez se publique. Esta canle permíteche actualizar ás betas e
candidatas a publicación.
- Alpha (alfa, versións de desenvolvemento): escolle esta opción para
actualizar á última alfa. As versións de desenvolvemento alfa permítenche
probar novas características, pero son algo inestables. Por favor, sé
coidadoso.
- Disable updates (desactivar actualizacións, non recomendada): esta opción
desactiva a canle de actualización. Se buscas actualizacións amosarase
unha mensaxe de erro. Lembra que podes desactivar as actualizacións
automáticas dende a categoría xeral das opcións. Utiliza esta opción só
con fins de proba.
Obterase información sobre as actualizacións dispoñibles para cada canle en
segundo plano cando se abra o panel de opcións. Preme tab para navegar a
unha caixa de edición de só lectura, onde poderás ver esta información. Esta
información actualizarase dinamicamente cando cambies o canle de
actualización na caixa combinada. Se hai unha actualización dispoñible para
a canle seleccionada, aparecerán unha ou dúas ligazóns a continuación da
caixa de edición:
- Download (Descargar): preme a barra espaciadora nesta ligazón para abrilo
no teu navegador web e descargar o último instalador.
- View changelog (Ver rexistro de trocos): preme a barra espaciadora nesta
ligazón para o documento de Que hai de novo no teu navegador web. Para
algúns canais, esta ligazón non se amosará.
Rexistro de trocos
Versión 1.4
- Traducións actualizadas.
- Compatible con NVDA 202231.
- Por razóns de seguridade, a versión mínima de NVDA establécese na 2022.4.
Versión 1.3
- Traducións actualizadas.
- Fixed a bug which prevented creating portable copies from alpha snapshots.
Versión 1.2
- Traducións actualizadas.
- Compatible con NVDA 2022.1.
- Por razóns de seguridade, a versión mínima de NVDA establécese na 2021.3.
- Parche para un erro no servidor de NV Access que causaba que se ofrecese a
versión 2019.2.1 ó actualizar dende alfa a estable.
Versión 1.1
- Eliminados canais sen soporte.
- Traducións actualizadas.
- Engadida a información de actualizacións actualmente dispoñibles ó panel
de opcións.
Versión 1.0
[[!tag dev stable]]