sayCurrentKeyboardLanguage
- Autor(es): Abdel, Noelia.
Presentación
Este complemento foi creado a petición dun membro da lista de correo de complementos de nvda.
Ofrece un script sen xesto asignado, que permite obter e dar o idioma do teclado actual.
Se se preme dúas veces, dá o idioma por defecto do sistema.
Na primeira versión deste módulo, propúxose como un simple globalPlugin para colar no directorio de configuración de NVDA, despois transformouse en complemento.
Notas
Para asignar un xesto ao script que dá o idioma do teclado, segue estes pasos:
- Abre o menú de NVDA con "NVDA + N";
- Vai ao menú de preferencias de NVDA;
- Despois vai ao submenú "Xestos de entrada".
- Logo selecciona a categoría "Entrada", e ábrea coa frecha dereita.
- Vai ao elemento etiquetado como "Dá o idioma do teclado en uso, se se preme dúas veces, dá o idioma por defecto do sistema";
- Unha vez feito isto, preme Alt + A para engadir un xesto, e escribe "NVDA + F4" ou outro xesto da túa elección;
- Feito isto, preme a frecha arriba unha vez, escoitarás "o teu xesto elixido, todas as disposicións";
- Valida con Intro, despois vai con Tab ata Aceptar e preme Intro;
- O xesto elixido debería entón chamar ao script que dá o idioma do teclado.
Compatibilidade
- Este complemento é compatible coas versións de NVDA que van dende a 2019.3 en diante.
Cambios para 20240326.0.0
- Compatibilidade actualizada para nvda-2024.1;
- Eliminouse a ligazón de descarga do readme, a ligazón de descarga para futuras actualizacións agora só estará dispoñible desde a tenda de complementos.
Cambios para 20231229.0.0
- Engadiuse unha implementación compatible con versións anteriores para admitir o modo de voz baixo demanda, que pronto estará dispoñible con nvda-2024.1.
Cambios para 20230729.0.0
- Aplicáronse as regras de flake8 e mypy ao código;
- Cambiouse a versión mínima de NVDA soportada a 2019.3 para admitir as anotacións introducidas en Python 3.
- Eliminouse o xesto "NVDA + F4" que chamaba ao script que dá o idioma do teclado, para permitir aos usuarios elixir o seu xesto preferido.
Cambios para 20230607.0.0
- Engadíronse os seguintes fluxos de traballo:
- auto-update-translations - para actualizar automaticamente as traducións desde o sistema de tradución de NVDA.
- release-on-tag..yaml: para construír e publicar o complemento tan pronto como se envíe unha nova etiqueta;
- manual-release.yaml: para construír e lanzar novas versións do complemento manualmente.
- Traducións actualizadas.
Cambios para a versión 20230426.0.0 e posteriores
- • Cambiouse o número de versión, a versión mínima de NVDA e a ligazón de descarga de acordo coas convencións/requisitos da tenda.
Cambios para a versión 19.02
- Cambiouse a numeración das versións usando AA.MM (O ano en 2 díxitos, seguido dun punto, seguido do mes en 2 díxitos);
- Engadiuse compatibilidade co novo formato de versión dos complementos, aparecido desde nvda 2019.1.
Cambios para a versión 1.1
- O complemento foi renomeado de getCurKeyboardLanguage a sayCurrentKeyboardLanguage;
- Engadiuse a licenza GPL ao complemento;
- Engadiuse o script getCurKeyboardLanguage á categoría "Estado do sistema";
- Corrixíronse algúns erros no código.
Cambios para a versión 1.0