Día da semana
- Desenvolvedores: Abdel, Noelia.
Este complemento permítelle atopar o día da semana correspondente a unha data elixida.
Engade un submenú no menú Ferramentas de NVDA chamado "Día da semana", que contén 2 elementos:
-
O primeiro, chamado "Buscar un día", abre un diálogo composto por 3 controis:
- Unha caixa de lista para escoller ou escribir a súa data;
- Un botón "Aceptar" para mostrar unha caixa de mensaxe que contén o seu día;
- Un botón "Cancelar" para pechar o diálogo.
-
O segundo, chamado "Configuración do complemento dayOfTheWeek", abre os parámetros do complemento para especificar se desexa anunciar as etiquetas dos campos de data ou non, e está composto polos seguintes elementos:
- Activar a accesibilidade do selector de data;
-
Nivel de anuncio das etiquetas, onde terá 3 opcións:
- Longo (é a opción por defecto);
- Curto (para anuncios curtos);
- Desactivado (para desactivar os anuncios de etiquetas).
-
Activar o anuncio só do valor do campo de data actual, ao moverse verticalmente;
- Un botón "Aceptar" para gardar a súa configuración;
- Un botón "Cancelar" para cancelar e pechar o diálogo.
Notas
- Pode pechar estes diálogos simplemente premendo Escape;
- Pode asignar un atallo para abrir estes diálogos no menú "Xestos de entrada" e, máis precisamente, na categoría "Día da semana";
- Se usa NVDA 2018.2 ou superior, atopará só un elemento no menú de ferramentas para buscar o seu día, a configuración do complemento estará no panel de configuración de NVDA.
Compatibilidade
- Este complemento é compatible coas versións de NVDA que van desde a 2019.3 en diante.
Cambios para 20240326.0.0
- Actualizada a compatibilidade para nvda-2024.1.;
- Eliminada a ligazón de descarga do readme, a ligazón de descarga para futuras actualizacións agora só estará dispoñible desde a tenda de complementos.
Cambios para 20231229.0.0
- Engadida unha implementación compatible con versións anteriores para soportar o modo de fala baixo demanda, que pronto estará dispoñible con nvda-2024.1.
Cambios para 20231015.0.0
- Corrixiuse un erro detectado ao navegar coa frecha arriba desde o selector de data nas últimas versións de NVDA.
Cambios para 20230728.0.0
- Aplicadas as regras de flake8 e mypy ao código;
- Cambiouse a versión mínima soportada de NVDA á 2019.3 para admitir as anotacións introducidas en Python 3.
Cambios para 20230607.0.0
- Engadíronse os seguintes fluxos de traballo:
- auto-update-translations - para actualizar automaticamente as traducións desde o sistema de tradución de NVDA.
- release-on-tag..yaml: para construír e publicar o complemento tan pronto como se envíe unha nova etiqueta;
- manual-release.yaml: para construír e lanzar novas versións do complemento manualmente.
- Traducións actualizadas.
Cambios para a versión 20230508.0.0 e posteriores
- • Cambiouse o número de versión, a versión mínima de NVDA e a ligazón de descarga segundo as convencións/requisitos da tenda.
Cambios para 19.02
- Cambiouse a numeración das versións usando AA.MM (O ano en 2 díxitos, seguido dun punto, seguido do mes en 2 díxitos);
- Engadida compatibilidade co novo formato de versións de complementos, aparecido desde nvda 2019.1.
Cambios para 6.0
- Engadiuse a configuración do complemento ao panel de configuración de NVDA para NVDA 2018.2 e superior;
- Moveuse o elemento para buscar un día ao menú ferramentas;
- Engadiuse a compatibilidade con versións anteriores do complemento coas versións de NVDA que precederon á 2018.2, que incluían o panel de configuración.
Cambios para 5.0
- Engadida a compatibilidade do complemento con wxPython 4.0 e Python3;
- Corrixiuse un erro coas rutas do complemento que conteñen caracteres non ASCII.
Cambios para 4.0
- O complemento agora é capaz de recoñecer todos os formatos de data rexionais que o usuario pode elixir;
- Engadiuse a compatibilidade con versións anteriores do complemento coas versións de NVDA que precederon á 2016.4, que incluían o módulo gui.guiHelper.
Cambios para 3.1
- Volveuse ao formato anterior para o día da semana porque permite recoñecer un maior número de idiomas;
- Mellorouse la accesibilidade do selector de data con recoñecemento dos 3 campos 'Día', 'Mes' e 'Ano', e os seus respectivos valores;
- Engadiuse unha técnica para a integración do idioma xeorxiano para o recoñecemento dos días da semana;
- Engadiuse un diálogo de configuración para activar ou desactivar a accesibilidade do selector de data;
- Moveuse o submenú do complemento desde "Ferramentas" a "Preferencias";
- Cambiouse a categoría do complemento a "Día da semana".
Cambios para 2.0
- Usouse o módulo gui.guiHelper para garantir a correcta aparencia do diálogo que solicita unha data;
- Engadiuse a licenza GPL ao complemento;
- Os días da semana foron traducidos, de xeito que o complemento funcione correctamente nos diferentes idiomas;
- Cambiouse o formato do día para evitar erros de codificación.
Cambios para 1.0